¡Non foi posíbel detectar ningunha extensión multimedia no seu sistema Java! JClic pode interpretar arquivos de audio en diversos formatos (wav, au, mp3, ogg...), pero precisa unha extensión do sistema Java para poder interpretar vídeos e outros contidos multimedia, como por exemplo animacións Flash. Nestes momentos o seu ordenador non conta con ningunha extensión multimedia Java instalada. Pode continuar así (os arquivos multimedia serán ignorados), pero aconséllase instalar algunha para poder disfrutar de todos os contidos das actividades JClic. O proceso de instalación é moi sinxelo e realízase só unha vez. Pode elexir entre dúas opcións: "QuickTime for Java" ou "Java Media Framework".
Java Media Framework Opción recomendada para Linux e outros sistemas operativos. Unha versión básica (2 Mb) de Java Media Framework para Windows
pódese descargar desde:
As versións completas para Linux (i386), Solaris, Windows e outros sistemas
pódense descargar desde a web de Sun:
QuickTime for Java Opción recomendada para usuarios de Mac OS-X. O programa QuickTime Player
é gratuíto e pode ser descargado desde:
Importante: Ao iniciar o proceso de instalación elixa a opción "Personalizada" e asegúrese de seleccionar "QuickTime Java" na lista de compoñentes a instalar. Na modalidade "Estándar" acostúmase a omitir a instalación de este compoñente. |